Fotos da comida celebrada o pasado día once de febreiro, no
local social da Asociación de Veciños de San Fiz de Cangas e
San Xulian de Serode, para dar a benvida ao Entroido.
jueves, 23 de febrero de 2012
miércoles, 25 de enero de 2012
Festas de San Fiz e San Xulián 2011
Fotos da celebración das festas patronais ha honra
de San Vitorio e San Roque, entre os días 26 e 28
de agosto de 2011.
de San Vitorio e San Roque, entre os días 26 e 28
de agosto de 2011.
viernes, 13 de enero de 2012
XXI Romaría do Cristo-2011
jueves, 12 de enero de 2012
XX Romaría do Cristo 2010
jueves, 20 de octubre de 2011
A Igrexa
Esta igrexa de sinxela beleza, é o que queda dun mosteiro de monxas Benedictinas ao que se cita en escritos dos anos 1108-1119 e é un interesante exemplo de arquitectura románica, do século XII, con elementos de transición do románico ao gótico rural galego na provincia de Lugo. Constitúe un dos exemplos máis fermosos da arquitectura románica da Ribeira Sacra.
Cunha planta que exteriormente aparenta ser de cruz latina, pero ten unha soa nave con tres ábsides, ante os cales se cruza outra nave transversal. Pero o conxunto está moi alterado por estilos posteriores, sobre todo do século XVII. cando se suprime a ábside lateral esquerdo para albergar a capela funeraria de Torrenovais, onde se atopa o sepulcro coa figura orante, de D.Rodrigo López de Quiroga, quen aparece coa vestimenta propia do seu rango.. Este cercenamiento da estrutura románica era algo moi común, e débese ao costume dos nobres de enterrarse naquelas igrexas que beneficiaban coas súas doazóns.

Hai que destacar a curiosa e rústica portada románica da fachada principal na que destacan un arco apuntado e o tímpano situado por baixo .A decoración deste último elemento consta dunha cruz grega, grafismos que simbolizan o sol e a lúa, uns rectángulos concéntricos e unha estrela inscrita nun cadrado.
Conserva un fermoso Calvario da segunda metade do século XIII ou principios do XIV de grandes dimensións, realizado en madeira policromada, coas figuras de Cristo crucificado, Maria e San Xoan. Na actualidade, o orixinal, está exposto no Museo das Clarisas en Monforte de Lemos (ver ligazón). A 50 metros da igrexa, nunha especie de capela ou humilladero atópase unha replica exacta do Calvario
Suscribirse a:
Entradas (Atom)